Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Máster Interuniversitario en Economía Circular

É un mestrado interuniversitario elaborado de forma conxunta polas tres universidades galegas: UVigo, USC e UDC, compartindo a necesidade de impulsar un novo mestrado en economía circular, de acordo coa análise realizada polo proxecto «Galicia 2030: Perfís Profesionais de Futuro e Novas Titulacións e Especialidades»..

O obxectivo principal do mestrado debe ser formar persoas que poidan desenvolver actividades no campo da sustentabilidade e a economía circular en diversas organizacións, xa sexan públicas ou privadas, xa sexan empresas comerciais ou sociais, ONG ou outras organizacións que promovan a produción e o consumo baseado en modelos sostibles.

UDC
USC
UVigo