Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

  • Desenvolver habilidades e coñecementos para liderar e impulsar a transición do modelo lineal ao modelo de economía circular en organizacións e empresas.
  • Identificar áreas específicas de actuación das multi#R (redeseñar, refabricar, reparar, redistribuír, reducir, reutilizar, reciclar, recuperar) e desenvolver neses ámbitos solucións técnicas sostibles.
  • Aplicar os fundamentos do ecodiseño no deseño de produtos e servizos.
  • Definir estratexias para a redución e xestión de residuos da organización e implementar técnicas de tratamento e valorización de materiais e residuos.
  • Deseñar e implementar novos modelos de negocio circulares e colaborativos orientándoos cara á neutralidade climática, incluíndo os coñecementos necesarios para o desenvolvemento dun plan de negocio.
  • Aplicar no desempeño da súa actividade a lexislación ambiental vixente en materia de sustentabilidade e as políticas económicas asociadas.
  • Coñecer as razóns básicas dos problemas actuais relacionados coa contaminación.
  • Coñecer os novos avances científico-técnicos que permitan minorar estes problemas.
  • Impulsar o uso de tecnoloxías limpas e de fontes de enerxía renovables, así como o desenvolvemento de estratexias de xestión eficiente da auga e a enerxía.
  • Promover e difundir os principios, fundamentos e vantaxes da economía circular, así como o compromiso da organización con esta novo paradigma e coa economía social.
  • Empregar as tecnoloxías da información e as comunicacións e as novas tecnoloxías emerxentes para implementar e optimizar os modelos de economía circular.
  • Coñecer diferentes ferramentas para o deseño de estratexias políticas en favor da circularidade económica e social.