Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Os criterios de admisión basearanse nos seguintes aspectos:

  • Expediente académico: 70%. O baremo estará baseado na nota media do expediente académico.
  • Experiencia profesional contextualizada no ámbito da economía circular: 10%, considerando antigüidade e o nivel do posto, avalada por cartas de referencia ou certificacións de responsables profesionais e empresariais.
  • Formación complementaria: 20%, dos cales: un 10% para Titulacións de Grao ou Máster Universitario, adicionais ás que dan acceso ao programa, directamente relacionadas co Título; 5% para Titulacións non oficiais directamente relacionadas co Título; e un 5% para Idiomas, particularmente inglés (mínimo nivel MECES B2).

O expediente académico terá un peso máximo do 70 % do total, e os outros méritos un peso máximo do 30 % (incluíndo unha entrevista persoal se se considera pertinente). Os criterios concretos para cada curso académico serán establecidos e publicados con anterioridade ao comezo dos períodos de preinscrición e matrícula. A información para a admisión e matrícula a #máster universitarios atópase nas páxinas web das tres universidades participantes: UDC / USC / UVigo

Procedemento de Admisión

O procedemento de admisión e matrícula nas titulacións de mestrado na UVIGO, UDC e USC descríbese nas Normativas de Xestión Académica que se aproban anualmente. As competencias en materia de admisión son responsabilidade da Comisión Académica Interuniversitaria.